Asistimos onte a unha xuntanza como membros da mesa sectorial da vivenda, nesta ocasión para avanzar na solicitude á Xunta da declaración de zona residencial tensionada na Coruña e debater as achegas presentadas.
Segundo o informe técnico, A Coruña cumpre cos requisitos necesarios para a declaración.
Desde a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana xa enviamos as nosas achegas e suxestións para o Plan de Medidas, requisito imprescindible para solicitar a declaración, e expuxémolas nesta mesa de traballo.
Comentarios recentes