Hoxe comeza a segunda fase do programa dos Orzamentos Participativos. Nesta fase, ata o 18 de outubro, poderán apoiarse as propostas que se presentaron na primeira fase.

Nesa primeira fase de presentación de propostas, rexistráronse un total de 608 propostas de inversión, e tras pasar unha primeira revisión para determinar a súa viabilidade segundo os criterios básicos de ser competencia municipal e gasto de inversión, declaráronse inviables 209 propostas, por non cumpriren os requisitos indicados, polo que finalmente pasan á fase de apoios un total de 399 propostas, que poderán ser priorizadas pola ciudadanía. Esta é a finalidade desta fase, que se voten as propostas que máis gusten para que poidan pasar a unha votación final.

A necesidade desta fase débese á imposibilidade de que os servizos técnicos avalíen todos e cada un dos proxectos, polo que só as propostas que reciban un maior número de apoios nesta segunda fase poderán votarse na última fase, a da votación final, para seren incluídas no proxecto do Orzamento municipal de 2023. Deste xeito, as propostas que non acaden os apoios suficientes serán declaradas inviables por non seren consideradas vitais por parte da cidadanía.

As normas básicas para participar nesta fase son:

  1. Calquera persoa maior de 16 anos e empadroada na cidade pode apoiar propostas.
  2. Non é preciso ter participado na fase anterior (presentación de propostas), para poder apoialas.
  3. Cada persona poderá dar o seu apoio a TODAS as propostas que queira do grupo de toda a cidade e TODAS as propostas que queira nun máximo de TRES DISTRITOS. É decir, non hai límite en canto ó número de propostas a apoiar, pero sí en canto ó número de distritos, que non poderá ser más de tres, además do grupo de propostas para toda a cidade.
  4. Poderá participarse, igual que na fase anterior, a través da plataforma nacorunacontas.coruna.gal e tamén de forma presencial nas tres oficinas de Rexistro: María Pita, Ágora e Fórum. No caso de querer participar presencialmente, é preciso presentar o DNI para identificarse nos rexistros e é preciso pedir cita previa, indicando expresamente que é para participar no programa dos Orzamentos Participativos.
  1. Cualquier persona mayor de 16 años y empadronada en la ciudad puede apoyar propuestas.
  2. No es necesario haber participado en la fase anterior, presentando propuestas, para poder apoyarlas.
  3. Cada persona podrá dar su apoyo a TODAS las propuestas que quiera del grupo de toda la ciudad y TODAS las que quiera en un máximo de TRES distritos. Es decir, no hay límite en cuanto al número de propuestas a apoyar, pero sí en cuanto al número de distritos, que no podrá ser más de tres, además del grupo de propuestas para toda la ciudad.
  4. Se podrá participar, igual que en la fase anterior, a través de la plataforma nacorunacontas.coruna.gal y también de forma presencial en las tres oficinas de Registro de María Pita, Ágora y Fórum.