Abre o prazo para solicitar o Curso Específico de Intervención dende a Hostalería fronte ás Violencias Machistas (modalidade online: a realizar entre o 1 e o 21 de xuño).

Este curso, grauíto e con diploma, está dirixido á cidadanía en xeral e ás empresas e entidades adheridas ao Pacto Social.

O curso de Intervención dende a Hostalería ten unha duración total de 4 horas e ofrécese nas seguintes modalidades:

  • Online. Esta modalidade realizase a través dunha plataforma online de formación e non ten horarios fixos (cada persoa realízao ao seu ritmo).
  • Presencial: 2 sesións de 2 horas cada unha.

Para solicitar a túa inscrición debes cubrir o formulario que atoparás na seguinte ligazón: https://form.jotform.com/220622820078349