Onte a presidenta da Federación @favacoruna Luisa Varela @varelainsua asistiu á reunión da comisión de Seguemento da Tasa Turística da cidade da Coruña tras o primeiro trimestre de aplicación da tasa.

Os datos tratados na comisión, así como o aumento de pernoctacións no mesmo periodo, indican o bo funcionamiento dunha medida que a Federación sempre considerou necesaria e medida complementaria en ámbitos como a vivenda, o turismo e os propios efectos no mantemento da cidade. Na mesma liña que demandaron federacións veciñais de todo o Estado nos encontros nacionais mantidos nestes últimos años.