Este sábado 4 de outubro a Federación da Coruña e Área Metropolitana estivo presente na homenaxe pública a Carmen Avendaño que se celebrou na Casa Verde de Salcedo (Pontevedra) e foi organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), confederación da que forma parte a nosa entidade.
Entre as persoas asistentes estiveron, ademáis das directivas das federacións veciñais —entre elas Coruña, Cangas, Ferrol, Vigo, Ourense e Pontevedra— a Subdirectora Xeral de Divulgación da Memoria do Goberno de España (Almudena Cruz-Yábar); o Delegado do Goberno (Pedro Blanco @pedroblancolobeiras ); o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra (Agustín Reguera); o Director Xeral da Xunta (Jacobo Rey); o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra (Rafa Domínguez); a Concelleira de Pontevedra (María José Abilleira); o Presidente da CEAV (Julio Molina) e o presidente da COGAVE (Juan Manuel Loureiro), así como representantes e directivos da Fundación Érguete e das asociacións veciñais integradas na Federación de Veciños Castelao.
No transcurso do acto escoitamos palabras que sintetizaron o valor histórico e humano da traxectoria de Carmen Avendaño. O Delegado do Goberno destacou que Carmen é “un exemplo de loita, dignidade e esperanza”, e puxo en valor o seu labor para romper silencios e tabúes e transformar comunidades mediante a cidadanía organizada.
Tamén entregáronse lembranzas e agasallos institucionais. No acto entregouse a Carmen unha figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de cerámica de Sargadelos —que fixo entrega por parte da COGAVE, o seu presidente, Juan Manuel Loureiro-, o cal fixo un recoñecemento a Carmen e tamén o seu esposo e fillo, ademáis transmitiulle o agradecemento de todo o movemento veciñal. Carmen foi pioneira desde os anos 80 no movemento das nais que loitaron contra a droga pero tamén pola súa presidencia na asociación vecinal de Lavadores.


Comentarios recientes