Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, un ano máis conmemoran o Día internacional das Mulleres e para isto programaron unha serie de actividades, que esperan que sexan do voso agrado. 

Entre estas actividades, teñen programado un concerto de DE VACAS, que se celebrará o venres 24 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural do Ágora. A entrada é libre e de balde, ata completar aforo. https://devacas.gal/

QUEN SOMOS – De Vacas “Teñen unhas voces privilexiadas, creo que deberan versionar o himno galego”. EDUARDO PONDAL Despois do seu primeiro “Tour vacanal”, presentado no 2016, veñen de xirar por teatros e prazas co seu último espectáculo, o “Tour vacanal 2019”. Unha cerimonia, un casamento oficial co público para o que renovaron coroas, alpacas, vestidos e repertorio. Unidos aos … Read more devacas.gal

Por outra banda, convidannos a participar no CICLO DE OBRADOIROS “ARTES SEN XÉNERO” que se desenvolverán no marco desta campaña, coas seguintes actividades: 

  • Mércores 15 de marzo ás 19:00 no Ágora con YOLANDA DOMÍNGUEZ (artista visual):  

«A ARTE VISUAL E OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO» 

  • Venres 17 de marzo ás 19:00 no Ágora con DANAE BORONAT (xornalista e presentadora especializada en deporte):  

    «O ROL DA MULLER NO XORNALISMO DEPORTIVO. CAMBIOS, REIVINDICACIÓNS E RETOS DE FUTURO» 
  • Luns 20 de marzo ás 19:00 no Fórum con MABEL LOZANO (Directora, guionista e escritora comprometida coa defensa dos dereitos humanos e a igualdade):  

    «CINE DE COMBATE» 
  • Xoves 30 de marzo ás 19:00 no Centro Comercial Marineda City con RAQUEL RIBA ROSSY (Ilustradora, escritora e licenciada en Belas Artes. Creadora de Lola Vendetta, coñecida a través das redes sociais por alzar a voz contra o patriarcado):  

«COLOQUIO-TALLER DE LOLA VENDETTA: CREA O TEU PERSONAXE FEMINISTA». 

Estes obradoiros son abertos a toda á cidadanía ata completar aforo. Para estas actividades é precisa inscripción previa, premendo no seguinte enlace: 

https://form.jotform.com/230572413699361

(As prazas son limitadas. Se o día da actividade hai aforo dispoñible, ás persoas que non se inscribiran daráselles acceso por orde de chegada).  A

O resto da programación: